Naufraxios


Singraduras



Os naufraxios forman parte da historia e do imaxinario da Costa da Morte, zona do noroeste galego que ademais de ser xeodestino turístico, conta coa protección da Rede Natura “Costa da Morte”   polos seus valores medio ambientais e os seus ecosistemas valiosos e singulares.

Camariñas ten un lugar central na historia da Costa da Morte e especialmente na historia dos naufraxios. Así o testemuña o faro Vilán- referente na historia da navegación ademais de ser o primeiro en empregar a luz eléctrica de España- e os mais de medio centenar acontecidos na costa deste concello.

Coa cofinanciación da Deputación de A Coruña o Concello de Camariñas realiza esta ruta cultural que emprega as novas tecnoloxías e a realidade aumentada para sinalizar e dotar de contidos algúns dos puntos de maior sinistrabilidade na navegación.

Os que visiten a nosa costa encontrarán  fitos de referencia que achegan algunhas das historias nas que se funden os feitos históricos coas lendas do noso territorio.  A solidariedade e o pillaxe son elementos que se mesturan nestes naufraxios e que son difíciles de separar. Como a néboa, a borraxeira ou a tempestade todas estas historias humanas quedan envoltas nun halo de misterio.

Nada mellor que o imaxinario e o conto para resumir de forma amena gran parte dos referentes históricos sobre estes naufraxios. Por elo esta ruta ofrece varios recursos para ser empregado por visitantes ou persoas interesadas:

- Realidade Aumentada. Ferramenta para descargar  información, audios e datos, desde dispositivos móbiles in situ. Permite visualizar no dispositivo móbil a realidade e superpoñer unha capa con elementos dixitais que ofrece información sobre os naufraxios. Para facilitar a descarga de datos e evitar as zonas cegas ofrecese referenciado os puntos GPS de maior cobertura.

- Blog “Ruta dos naufraxios”. Coa información sobre cada un dos fitos, audios e outra información que facilita a visita a Camariñas, incluída a referencia de localización por GPS de puntos de maior cobertura.

Esperamos que ademais de incentivar as visitas a esta costa de lenda, esta ruta sexa un punto de referencia e de motivación para que se sigan descubrindo e relatando eses naufraxios que afectaron as vidas humanas e á historia da navegación; que enlazaron culturas, mitos, lendas, vidas humanas e contextos sociopolíticos e económicos ben dispares.


Manuel V. Alonso de León.

Alcalde de Camariñas (A Coruña)




Ver Ruta dos naufraxios en un mapa más grande

MOSTEIRO DE SANTA MARIÑA DE TOSTO

 

 AUDIORELATO: VESTIXIOS FACIAIS


O historiador Chao Espina comenta que en Arou e en Camelle (A Coruña) existiu a chamada «Junta de Nordemán» e que alí os nenos teñen o pelo rubio e ollos azuis como os homes do Norte, pero ó medrar tornasen escuros. As invasións vikingas a Galicia realizáronse entre o século VIII ó XI. Sendo probablemente os vikingos os que destruíran por primeira vez o Mosteiro de Santa Mariña de Tosto. Entre os monxes negros (bieitos) e os vikingos navega este relato. 







Carta de doazón
Segundo a Crónica general de la orden de San Benito de Antonio Yepes, editada en 1603 relata:


"Santa Marina de Tosto, es una iglesia que está ahora en lo último de la tierra de Soneira, sita entre Mugía, y Malpica, entre montes y peñas asperísimas, fue Monges Benitos, pero no se sabe el principio de su fundación, más que era Abadía muy rica, porque Santa Marina patrona de aquel lugar, hazia grandes milagros, por lo cual los comarcanos de la tierra, tenían devoción con aquel Monasterio, y le ofrecían muchos dones, ellos fueron ocasión de su perdida, porque guerras, y enemigos a la fama de su riqueza la procuraron robar, y se salieron con ello."


No ano 1008 as irmáns Dona Eyloza e Dona Sancha cos seus criados roubaran o mosteiro . Sendo destruído o Mosteiro por segunda vez, narra Yepes: 


"Destruyose este Monasterio segunda vez, y después fue reedificado en la Era de mil doscientos y tres siendo Rey de Castilla Don Fernando y Conde de Galicia Don Gómez González y Arzobispo Don Pedro González. El Abad de San Payo, habiendo apeado, y deslindado primero la hacienda lo volvió a edificar el año del mil y doscientos y treinta y dos, y se enviaron monges de nuevo, que asistiesen el servicio del Templo de Santa Marina, adonde siempre se hazian muchos milagros"

Nun pergamiño de 1194 que corresponde a unha carta de doazón do abade do Mosteiro de San Paio de Antealtares comprometese a restaurar dito mosteiro e doarlle unha serie de términos e herdades dende San Simón de Nande, San Martín de Carantoña, San Cristoval de Carnés e San Pedro de Leis, ata o mar.

"Pero al fin se volvió otra vez a perder con guerras, y muertes, que sobrevinieron en la tierra. Los claustros están arruinados, la iglesia ha quedado"  describe Antonio Yepes na súa crónica.





Nome:  Prestige

Tipo: Petroleiro

Nacionalidade: Grega

Data: 19/11/2002

Lugar: 25 millas de Cabo Vilán

 

AUDIORELATO: VOLUNTARIOS/AS DO PRESTIGE

 



O Prestige foi un petroleiro monocasco que se afundiu fronte ás costas galegas, a unhas 25 millas de Cabo Vilán, o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas francesas , provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Destacar a marea humana de voluntarios de todo o mundo que se achegou a Galicia a limpar a costa.






FARO VILÁN

 

AUDIORELATO: PROMONTORIUM SEQUENS


Detrás dunha gran obra, sempre estiveron as mans que a ergueron, non sendo os que habitualmente saen nas fotografías. Este relato narra a historia deses homes doutras terras que deixaron semente nesta. 



 


A través dunha Real Orde do 22 de outubro de 1852, ubícase na parte alta do Vilán un faro de 4ª orde. Inicialmente constrúese un faro para dous torreiros e dous anos despois o aparello da fábrica Lotourneau que tiña lámpada de émbolo con aceite de oliva. O plano focal queda a uns 64 metros por riba do nivel do mar, pero non resultou a súa función o non superar a luz os farallóns do cabo, que intentaron dinamitarse, sen éxito. Aumentase a torre e ponse unha lámpada de
parafina.
Ante  o fracaso decídese construír unha nova torre, que tras a presión de países como Francia e Inglaterra, que ven como os seus barcos afúndense nesta costas por falla de sinalización, inaugurase o 16 de xaneiro de 1896, converténdose no primeiro faro de España con luz eléctrica. Esta complexa construción contaba con dúas máquinas de vapor de doce cabalos, dous magnetos, un alxibe para alimentación das máquinas, taller e carboeira e almacéns atendida por 6 persoas, entre torreiros, fogueiros e maquinistas que vivían no faro e nas antigas vivendas do faro vello.

A torre actual, presenta sección octogonal, construída con pedra granítica da zona e unha altura de 25 metros do chan e cimentase sobre unha rocha elevada a 80 metros sobre o mar. Este faro de 1ª orde ten un alcance de máis de 40 millas, sendo un dos faros máis potentes das nosas costas. Ten 360 escaleiras que unen o edificio coa torre e subida a óptica de cristal.

O CERCO REAL EN CAMARIÑAS

AUDIORELATO: NO ENCAIXE DA HISTORIA 

A narración sitúanos nos antecedentes históricos descritos abaixo.

 



Estrutura do antigo porto de Camariñas
No marco institucional de 1748 establecese o privilexio e foro de Mariña e a Matrícula de Mar librando os mariñeiros da xurisdición señorial e eclesial. A armada pugna pola xurisdición mareira arrebatándolle progresivamente a  nobreza e a igrexa. Establecese a Matrícula de Mar como sistema de recrutamento marítimo e a Armada constrúe os "Grandes Armamentos" da Mariña de Guerra, que para tripulalos necesita demasiados pescadores, que son chamados a filas, desde os 16 anos ós 60 anos con excesiva frecuencia. Provocando unha despoboación de man de obra masculina que se adiquen as labouras mariñeiras, conlevando que os homes e mulleres labradores realizaran o traballo de pesca, sendo o mesmo mans inexpertas.

De tódalas formas, na práctica os mariñeiros seguirán facendo fronte a variadas imposicións. En Camariñas na década de 1770 contribuía o gremio do mar con dous quiñóns anuais de toda a pesca de sardiña, un para o xuíz ordinario de Vimianzo e outro para o seu escribán de número por pertence-la parroquia de San Xurxo de Buría á xurisdición de Vimianzo. Tamén achegaba este gremio tres quiñóns da pesca da sardiña ó seu cura párroco en compensación por un campo do igrexario que este lles cedía para que nel puideran face-los arranxos necesarios nas embarcacións e aparellos de pesca, ademais das bendicións que lles facía ás súas redes e á propia ría.
Aínda seguían pagando o décimo por razón de cura e sincura que se establecía noutros dous quiñóns, cantidade que se volvía repetir no caso do receptor dos reais alfolís do sal de Muxía. Finalmente, e como era costume, entregábanse ó Real Almirantado seiscentas sardiñas ou doce reais de vellón, cada vez que saía do porto unha embarcación con sardiña para a súa venda.


O porto de maior importancia a mediados do século XVIII na Costa da Morte era Camariñas, contaba co maior numero de barcos con cuberta para comerciar a sardiña con diferentes porto do litoral atlántico e cantábrico. Do porto camariñán saian cargados de sardiña con rumbo as vascongadas, o retorno facíano cargados de ferro que vendían na comarca.

Sistema de pesca do cerco real
No Catastro de Marqués de la Ensenada, do 1 de xullo de 1753, referise o sistema de pesca da sardiña na vila dos encaixes:

"Que en este puerto hay establecido el Armamento de dos cercos que sirven para la pesca de la sardina en tiempo de sazón y cosecha, la que regularmente empieza a primeros de septiembre y fenece a ultimos de Diciembre de cada año. Cuios armamentos se componen el uno de setenta quiñones de Aparejo, y el otro de ochenta, para cuio Armamento hay dos Barcos grandes que llaman Trincados, o Galeones de porte de trescientos quintales y Doce bancos cada uno, el uno llamado San Jorxe, y el otro Nuestra Señora del Monte, en los que lleban ala mar y buelben a la tierra, todas las Redes, Cordaje y más aparejos conducentes a dho Armamento. Cuios Galeones o Trincados son propios de todas las personas ynteresadas en el referido Armamento... como toda la pesca producto y utilidad que en ellos se saca y adquiere, la que dividen y puntualmente prorratean entre dhos quiñones de aparexo, y las personas que manexan y administran dho Armamento, llebando los ynteresados por razon de Aparejo un quiñon, y por razon de la persona otro, y si alguno tiene dos o mas quiñones de dho Aparexo lleba otros tantos de la referida pesca a proporcion y demas a mas el quiñon de la persona, y esta practica es la que se observa en este puerto... y se advierte que ademas de dhos trincados se emplean en dho Cerco todas las demas lanchas del Puerto."

As novas disposicións lexislativas non resultaron positivas para os mariñeiros. A Matricula converteuse nunha prestación persoal moi gravosa e a liberdade de pesca que tamén se fomentou nas Ordenanzas trouxo cara ás nosas costas ós fomentadores cataláns, que gozaban de tódolos privilexios pero que estaban exentos das prestacións persoais da Matrícula xa que estas só se cumprían no Departamento marítimo correspondente. Estes fomentadores, coas súas técnicas máis adiantadas, tanto na explotación do mar (emprego do palangre e da xábega,como na conservación (prensado) e comercialización dos seus produtos, non tiveron grandes problemas, á marxe dalgunhas revoltas, para se facer cos mercados. Nesta situación, os nosos mariñeiros e patróns acabaron por se converter nuns asalariados que pescaban por conta dos armadores.