Naufraxios




O Serpent no inferno de Punta Boi

Nome:  Serpent 

Tipo: Acoirazado 

Nacionalidade: Inglesa 

Data: 10/11/1890 

Lugar: Enseada de Trece


AUDIORELATO: AS FLORES DA MEMORIA

Dúas mulleres de lugares diferentes, de vidas distintas, atopan un espazo común. E elas non o saben.




AUDIORELATO relacionado: PROMONTORIUM SEQUENS

A luz que alumeou a noite en xaneiro de 1896, encendeuse coa transformación das luces que se apagaron en 1890.





AUDIORELATO relacionado: ENSEADA DE TRECE







AUDIORELATO relacionado: TOPONIMIA DE NAUFRAXIOS




Os tres mariñeiros salvados, adscritos o mesmo bote
Capitán Mr. Ross




Fotografía enviada as familias das vítimas do Serpent
O destino, fixo que os tres superviventes da tripulación de 175 homes que formaban a dotación do HMS Serpent tiveran asignado nun suposto naufraxio o mesmo número do bote salvavidas. A curta, pero dramáticamente famosa historia do acoirazado de terceira clase da armada
inglesa comezou no ano 1887, en que tocou a auga por primeira vez, tras rematarse a súa construción nos estaleiros navais ingleses de Devonport. 
Coa súa estrutura de aceiro, 75 metros de eslora, 12 metros de manga e case 5 metros de puntal, desprazaba unhas 2700 toneladas, estaba dotado de dúas máquinas que eran capaces de desenvolver 4450 HP e podía chegar aos 17 nós de velocidade. 
Como armamento portaba canóns de 15 cm. de tiro rápido e 112 metralladoras con tres tubos de lanza torpedos.
O buque acoirazado tiña un poder de almaceamento de carbón dunhas 475 toneladas, o que lle outorgaba unha autonomía de 15 días de navegación sen ter que repostar. Cun custo de 95.000 libras esterlinas estaba dotado de dobre casco e cuberta protectora.
O Serpent partiu de Plymouth o 8 de novembro de 1890 as dúas da tarde.
 Xa en mar aberto, con rumbo as costas galegas, atópase cunha forte marusía con mar de fondo do oeste que o obriga a navegar a media máquina. Na escuridade da noite do 10 de novembro arremetía nos baixos de punta Boi.
Ante o medo e angustia,o capitán mandou preparar os lanzacabos.Estes rachaban como fíos, e os botes salvavidas foron varridos da cuberta do barco polas ondas. 
Tan só o berro do capitán: ¡¡sálvense que poida!!. Dende aquela noite ,na costa e os areais de trece ,ata o Nadal de 1890 ,os corpos das 172 vítimas apareceron por quendas.
Luxon foi o primeiro en vencer as ondas entre as pedras.
Con numerosas feridas nos seus membros, camiñaba por unha corredoira que levaba ata a aldea de Xaviña, cando escoitou a voz do seu compañeiro Bourton.O mar depositarao na praia de Trece. 
O derradeiro supervivente, Gould, foi botando de rocha en rocha para acabar parando ao pé dunha barraca de carbón custodiada por  unha parella de carabineiros.Os gardas prestáronlle os primeiros auxilios, especialmente unha das súas pernas estaba moi danada.
Moedas e restos do Serpent
Os corpos cuspidos polo mar aparecían en estado lamentable.
 Soterráronse no hoxe coñecido como "cemiterio dos ingleses", no mesmo lugar que noutra noite de decembro de facía 7 anos deran sepultura ós 28 corpos do Iris Hull. Neste cemiterio descansan as vítimas do Serpent e o Iris Hull ,que acadan as 200 almas.